Arqueoloxía prehistórica con LiDAR aéreo

Desenvolvido en conxunto coa área de Prehistoria do Departamento de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC), este proxecto interdisciplinar enfócase na detección de túmulos megalíticos na comarca de Sarria (Lugo), mediante a clasificación de datos obtidos por escaneo LiDAR aéreo (ALS).

Entrenando modelos de aprendizaxe computacional clásico conforme ao paradigma da aprendizaxe activa, realizamos unha clasificación punto a punto e avaliamos a súa plausibilidade e incerteza punto a punto, concluíndo coa xeración automática de rasters xeográficos útiles para a toma de decisións arqueolóxicas e a ciencia cidadá que poden ser explotados en sistemas de información xeográfica (GIS).

GeoTiff sobre Google Maps en QGIS

Este proxecto abre unha liña de investigación interdisciplinar combinando arqueoloxía prehistórica, supercomputación e intelixencia artificial co obxectivo de producir publicacións científicas, realizar innovacións metodolóxicas para a investigación arqueolóxica e desenvolver aplicacións de ciencia cidadá.