Estudo viario da deputación de Pontevedra

O noso primeiro proxecto, encargado polo Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica (CARTOLAB) da Universidade da Coruña, é ambicioso e en liña co espírito innovador da nosa empresa.

A través do adestramento dun modelo de aprendizaxe computacional clásico mediante aprendizaxe activa, conseguimos clasificar automaticamente máis de 800 km (3500 millóns de puntos) da rede de estradas da deputación de Pontevedra, obtidos con LiDAR móbil (MLS). Como parte do noso análise, non só obtemos predicións punto a punto especificando a clase de cada punto, senón que tamén calculamos incertezas e plausibilidades para coñecer as fortalezas e debilidades do modelo, o que é fundamental para evitar problemas de xeneralización ao aplicar o paradigma da aprendizaxe activa.

Plausibilidade e incertezas do modelo

O proxecto conclúe satisfactoriamente coa xeración automática de múltiples rasters xeográficos, validados por comparación utilizando QGIS cos mapas satelitais de Google.

GeoTiff sobre Google Maps en QGIS