Dr. Alberto Esmorís Pena

Dr. Alberto Esmorís Pena

Chief Technology Officer (CTO)

Alberto doutorouse en Investigación en Tecnoloxías da Información pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre computación de altas prestacións e intelixencia artificial aplicadas ao procesamento de nubes de puntos.

Como parte do seu traballo no grupo de investigación 3DGeo da Universität Heidelberg, desenvolveu o software de simulación láser operativo HELIOS++, amplamente utilizado no estado da arte da literatura científica e financiado por múltiples proxectos da Deutsche Forschungsgemeinschaft e o ministerio alemán de educación e investigación. Tamén desenvolveu o framework VL3D de intelixencia artificial para nubes de puntos que proporciona tanto métodos de aprendizaxe computacional clásico como redes neuronais especificamente deseñadas para traballar en espazos de datos desestruturados.

Dende o inicio da súa carreira investigadora, traballou en diversos problemas aplicados en colaboración con universidades, empresas e institucións. Algúns exemplos de caso de uso son a análise de superficies viarias, estudos de vexetación, clasificacións multiclase en entornos urbanos, detección 3D de peóns ou detección de túmulos prehistóricos. Ademais de diferentes aplicacións, tamén ten experiencia traballando con distintos tipos de datos LiDAR, tanto aéreos, como móviles, terrestres, non tripulados e simulados.