Dr. Carlos Vázquez Sierra

Dr. Carlos Vázquez Sierra

Asesor científico

Licenciado en 2012 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), máster en Física de Partículas en 2013 e doutor cum laude con mención internacional en Física Nuclear e de Partículas en 2016, ambos tamén pola USC. Dende 2012, é membro da colaboración LHCb do CERN, como físico experimental de partículas. Na actualidade, Carlos é investigador postdoutoral María Zambrano na USC e no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), dende decembro de 2022. Anteriormente, traballou como Senior Research Experimental Fellow no CERN, de 2020 a 2022. Tamén foi seleccionado como investigador postdoutoral no Instituto de Física Subatómica dos Países Baixos (Nikhef), de 2017 a 2020.

Na actualidade, Carlos centra o seu traballo como investigador na busca de materia escura, así como medidas relacionadas co bosón de Higgs. Tamén estivo involucrado en computación e software dentro de LHCb, así como no estudo de autoencoders variacionais e a súa potencial implementación nos sistemas de preselección de LHCb, co obxectivo de buscar nova física mediante a detección de anomalías nos datos rexistrados polo detector.

Carlos é autor de máis de 570 publicacións como membro de LHCb e autor de máis de 10 publicacións fóra de LHCb, algunhas delas con máis de 200 citas. Foi invitado a presentar o seu traballo en múltiples conferencias de alto nivel e talleres, coordinando tamén algúns destes eventos. Ao longo da súa carreira, formou parte de dous proxectos internacionais (cun orzamento superior a 1M €) e un proxecto nacional español. Na actualidade, é investigador principal dun proxecto nacional, e foi revisor de revistas científicas como EPJC, PRD e JHEP.